Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Obradoiro de submarinos na biblioteca municipal

Concello de Redondela
19-07-2018
0
Obradoiro de submarinos na biblioteca municipal

Vinteun nenos celebraron esta mañá na Biblioteca de Redondela, coa actividade Obradoiro de Submarinos dentro do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia, o 150 aniversario da “chegada” do submarino Nautilus á Enseada de San Simón.

Os rapaces, de 6 a 12 anos, coñeceron, da man de Ciencia en Ruta, a personaxes como Julio Verne, Isaac Peral e Antonio Sanjurjo Badía. Así mesmo realizaron experimentos relacionados coa densidade a través da “construción” dun submarino e a comprobación do seu funcionamento. Tamén se introduciron no mundo submarino e a ciencia ficción do autor francés a través do relato “20.000 leguas de viaje submarino” desde un “ kamishibai”.

Esta actividade é a primeira das que as bibliotecas de Redondela teñen planeado realizar para conmemorar as efemérides vernianas deste 2018