Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

“As cousas pequenas contan”, obradoiro de creatividade para xente nova na Biblioteca Xela Arias

Concello de Redondela
07-04-2022
0
 “As cousas pequenas contan”, obradoiro de creatividade para xente nova na Biblioteca Xela Arias

Os obxectos cotiáns que atopamos nos nosos fogares poden converterse, grazas ao poder da imaxinación dos e das participantes, en personaxes fantásticos que vivirán fabulosas aventuras. Con eles experimentarán para elaborar unha pequena "fotohistoria".

– Iso é un lucecús?
– Non, é unha lanterna.
– E aquilo, é un caracol?
– Non, é un metro.
Os obxectos que atopades no voso fogar poden converterse, grazas ao poder da vosa imaxinación, en personaxes fantásticos que vivirán fabulosas aventuras nunha fotonovela que vós mesmos e vós mesmas crearedes. Porque as cousas máis pequenas que tedes ao voso redor tamén contan historias.

O mércores 27 de abril ás 18:30 h. a Biblioteca Xela Arias ofrece este divertido obradoiro para rapaces e rapazas de entre 8 e 12 anos.

Se vos apetece pasalo ben creando as vosas historias, inscribídevos na biblioteca. Xulio Varela, educador e animador sociocultural con ampla experiencia, será o seu mestre de cerimonias.