Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Comezan as obras dos Camiños de Leitón, Parada e Pomba en Chapela para responder a demanda da veciñanza nunha zona abandoada dende fai 30 anos

Concello de Redondela
20-03-2023
0
Comezan as obras dos Camiños de Leitón, Parada e Pomba en Chapela para responder a  demanda da veciñanza nunha zona abandoada dende fai 30 anos

As obras, que responden a unha demanda da veciñanza de Chapela dende fai máis de 30 anos, supoñen a transformación total dun espazo degradado, contarán cun investimento de máis de 200.000 euros e un prazo de execución de 2 meses. O Concello de Redondela anuncia a formalización do contrato de obra e o inicio nas próximas semanas das obras de humanización dos Camiños de Leitón, Parada e Pomba, máis coñecido como “Barrio de Japón” en Chapela. Uns traballos subvencionados polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que segundo a alcaldesa, Digna Rivas, permitirán “a total transformación dunha das principais vías de entrada ao municipio, pois o Barrio de Japón sempre foi a entrada a Chapela dende Vigo”.

Este proxecto, explica Rivas, “responde a unha demanda da veciñanza de Chapela dende fai 30 anos para solucionar o estado de deterioro e abandono no que se atopa a zona e cumprir co que os veciños e veciñas de Chapela merécense e necesitan ”.

O proxecto supón a transformación das principais vías de paso de Chapela, e o importe total das obras ascende a máis de 200.000 euros, estas obras serán desenvolvidas en 2 meses, sendo executadas por dúas empresas diferentes. Por un lado, a empresa Construcións Vale encargaráse da remodelación dos Camiños de Parada e Pomba e a empresa Oresa do Camiño de Leitón .

Detallando máis as actuacións que e van a acometer nas distintas localizacións, a superficie de rodadura dos Camiños de Parada e Pomba preséntase en aglomerado e encóntrase, deteriorada, polo que vaise realizar un varrido da superficie e unha pavimentación completa, obras de drenaxe, colocación de novas tapas de pozos e arquetas de rexistro e o pintado da sinalización horizontal.

O Camiño de Leitón precisa un “Reforzo de firmes” e as actuacións previstas consisten no varrido da superficie a pavimentar, o fresado de entronques, o desmontaxe de bandas de reducción de velocidade para posterior recolocación e o pintado para recuperar a sinalización horizontal. A superficie a pavimentar sera todo o ancho da calzada dende o limite das propiedades, muros, cunetas, etc. A Execucion de obras de drenaxe corresponderá a colocación da nova cota de tapas de pozos, reixas, e arquetas de rexistro.

“Este goberno cumpre coas necesidades das parroquias, olvidadas dende fai anos, deixando de priorizar exclusivamete o centro da Vila. As obras que se van a executar no coñecido como Barrio de Japón súmanse as moitísimas actuacións que puxemos en marcha en Chapela. Entre elas, a remodelación do ‘Campito’, a mellora e humanización de Cidadelle ou a remodelación da Alameda de Rosalía de Castro”, conclúe Rivas.