Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Comezan as obras de renovación das pistas de pádel de Redondela cun orzamento de máis de 80.000 euros

Concello de Redondela
22-05-2023
0
Comezan as obras de renovación das pistas de pádel de Redondela cun orzamento de máis de 80.000 euros

O Concello de Redondela anuncia o peche das pitas de pádel, polo inicio das obras de renovación, a partir do luns 22 de maio ata o sábado 27 de maio. A través da Concellería de Deportes que dirixe Nacho González, se anuncia o inicio das obras de renovación das 4 pistas de pádel localizadas nas instalacións deportivas da Estrada Campo de Fútbol a partir do 22 de maio e ata o 28 do mesmo mes. Este proxecto entra dentro da Liña 1 d Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra e cos orzamentos aprobados a licitación foi adxudicada á empresa Baygarpor por un importe de 36.179 euros.

En canto ás pistas de tenis, o orzamento está tamén aprobado pola Diputación de Pontevedra por un importe de 42.271 euros, polo que xa está en trámite o proceso de contratación. En total nas dúas actuacións diferenciadas nas pistas de pádel e nas de tenis investiranse 80.000 euros.

Segundo a alcaldesa, Digna Rivas, “esta é unha zona deportiva e de ocio moi importante para a Vila que leva case 10 anos sen unha mellora, ou renovación das pistas desgastadas polo uso e o paso do tempo. É unha prioridade deste goberno ofrecer unha experiencia óptima de lecer e deporte tanto para aquela veciñanza interesada no uso amateur como para os nosos deportistas profesionais”.

Trátase de catro pista de pádel, as cales están definidas principalmente polas superficies sobre as que se desenvolve o xogo. Neste caso actualmente existe unha moqueta de céspede sintético que se pertende renovar, para o que será necesaria a súa retirada, que levarase a cabo mediante medios manuais. Por último, sobre o pavimento existente, estenderase o céspede sintético. O pavimento elixido corresponde a céspede sintético homologado pola Federación Española de Pádel, tanto para uso amateur como para uso profesional.

“Este goberno cumple coas necesidades dos usuarios e usuarias das pistas de pádel, unha das zonas máis utilizadas do municipio. O mantemento das nosas instalacións deportivas son unha prioridade”, conclúe Rivas.

PISTAS DE TENIS

Concello de Redondela poderá anunciar en breves o inicio desta actuación que consisten na pavimentacións das 3 pistas de tenis e na limpeza das mesmas, lixado da superficie existente por medios mecánicos e a continuación a aplicación dun sistema mediante capas de resinas acrílicas do tipo sistema tennislife.