Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela pon en marcha a Oficina Virtual Tributaria 3.0

Concello de Redondela
29-06-2021
0
Redondela pon en marcha a Oficina Virtual Tributaria 3.0

As e os contribuíntes poden acceder de xeito directo dende a web do Concello ou a través de https://redondela.tributoslocales.es


Redondela, 29 de xuño de 2021. O Concello de Redondela vén a poñer a disposición das persoas contribuíntes a Oficina Virtual Tributaria 3.0, unha ferramenta “próxima e intuitiva” que permite á cidadanía acceder á xestión de tributos dende calquera dispositivo móbil, a calquera hora e dende calquera lugar.

“Trátase de facilitar e axilizar a realización dos trámites tributarios e, polo tanto, de achegar á administración á cidadanía”, explica a concelleira de Facenda, María Castro.

O contribuínte poderá acceder directamente na web https://redondela.tributoslocales.es ou a través da web do Concello, e dende calquera dispositivo móbil, non só dende o ordenador. Así, usuarios e usuarias terán a posibilidade de realizar pagos, consultas, solicitudes e co seu certificado electrónico: acceder as súas notificacións electrónicas, solicitar fraccionamentos, domiciliar recibos, etc.

A Nova Oficina Virtual Tributaria, proporcionada por Gestión Tributaria Territorial, empresa adxudicataria, amosa un deseño creado e pensado para o contribuínte, no que queda reflectido nun evidente cambio de imaxe e estrutura da aplicación web, en favor da manexabilidade, accesibilidade e navegación das e dos usuarios. Ademais posúe un deseño adaptable que implica a visualización real e completa en dispositivos móbiles.

Prazos de pagamento do IBI


Doutra banda o Concello lembra a toda a veciñanza que o período de voluntario de pagamento do IBI (Imposto de Bens Inmobles) Urbana e Rústica 2021 comezará o vindeiro 16 de xullo e rematará o 15 de outubro.

Asi mesmo, a Concellería de Facenda lémbralle as persoas interesadas que o vindeiro 2 de xullo, remata o prazo para as domiciliación dos recibos. Estes recibos domiciliados serán cargados en conta o día 1 de setembro.