Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Ópera en Redondela: A Traviata

Concello de Redondela
06-03-2018
0
Ópera en Redondela: A Traviata

Camerata Lírica de España, escolleu está obra do xenial compositor por ser a ópera máis representada nos últimos cen anos nos principais teatros do mundo.

A súa programación é sinónimo de afluencia e éxito de público e algunhas das súas melodías traspasaron o meramente operístico para converterse en parte da banda sonora da humanidade, como o famoso brinde.

A súa fama é tan enorme que calquera persoa, por moi afastada da música clásica que se atope, recoñécea como ópera.

A gran popularidade desta obra motivou á compañía á hora de realizar unha adaptación que poida programarse para todo tipo de público nas diferentes Redes e Circuítos escénicos do noso país, seguindo o noso labor de achegar a ópera e a lírica tamén a poboacións que non teñen grandes posibilidades de acceso a este xénero.

O resultado é unha completa adaptación escenificada en case toda a súa extensión con acompañamento de piano, áxil, moi amena e comprensible que mantén as formas máis ortodoxas da ópera, tanto musicais, como escénicas (attrezzo e vestidos de época), realizado e executado por cantantes de nivel internacional, que entusiasmará ao público neófito e non defraudará ao afeccionado.