Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello de Redondela utilizará a vía telemática para realizar as reunións dos órganos colexiados

Concellaría de Novas Tecnoloxías. Concello de Redondela
10-04-2020
0
O Concello de Redondela utilizará a vía telemática para realizar as reunións dos órganos colexiados

Por primeira vez na Historia do noso municipio, as reunións do Pleno, da Xunta de Goberno ou das Comisións Informativas poderán realizarse vía online.

O Concello de Redondela é un dos primeiros Concellos da provincia de Pontevedra en solicitar a adhesión ao servizo de reunións virtuais para a celebración das reunións dos órganos colexiados e a celebración de plenos, posto a disposición pola Deputación de Pontevedra.

A consecuencia da declaración do estado de alarma, suspendeuse a celebración das sesión dos órganos colexiados, como as Xuntas de Goberno Local ou os Plenos, a tenor das medidas de confinamento para evitar o contaxio e propagación do Covid-19.

A declaración do estado de alarma non impediu que o equipo de goberno seguise traballando, pero aplicar as medidas de confinamento implicou que se aprazasen as reunións dos órganos colexiados, como o pleno que se tiña de celebrar a finais de marzo.

Ante a necesidade de levar a cabo as reunións dos órganos colexiados, dende o Departamento de Novas Tecnoloxías se procedeu á solicitar á adhesión do Concello de Redondela ao servizo “Gestiona comunica” que ofrece a plataforma de xestión de expedientes que se utiliza pola Administración Local, sendo uns dos primeiros concellos da provincia en ter activo o servizo e poder celebrar as reunións dos órganos colexiados con plena validez.

Con todo, antes de levarse a cabo a celebración dos órganos colexiados procederase a realizar a formación necesaria tanto para o persoal da Administración Local, como para todos os Concelleiros.

 

Cartel Órganoz colexiados online