Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello instalará no paseo da Xunqueira paneis informativos sobre as Fogueiras e a Festa de San Xoán

Concello de Redondela
21-06-2022
0
O Concello instalará no paseo da Xunqueira paneis informativos sobre as Fogueiras e a Festa de San Xoán

Moi visuais e de lectura doada, os paneis informarán dende mañá, 22 de xuño, sobre a tradición das herbas de San Xoán e os puntos do municipio nos vivir as fogueiras

“Son parte da nosa tradición ancestral e como tal, debe ser posta en valor”. Con esas palabras definiu a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a iniciativa da Concellería de Medio Ambiente, que xestiona Alberto Álvarez, de colocar ao longo do paseo da Xunqueira unha serie de paneis informativos nos que se explica, polo miúdo, todo o relativo ao San Xoán e que se poderán ver a partir do día 22 de xuño.

Así, visitantes e veciñanza de xeito doado, poderán coñecer As herbas de San Xoán en Galicia un ritual que, tal e como se explica nos paneis, comeza o día 23 de xuño pola tarde recollendo as sete plantas principais para facer a pócema máxica: fiúncho, malva, xesta, fenlo, herba luísa, romeu e herba de San Xoán.

Os paneis, para un mellor aproveitamento da festa, ofrece información detallada sobre os puntos nos que se acenderán as principais fogueiras ás que asistir que con a da Comisión de Festas de San Xoán de Cabeiro no Camiño Centro Cultural 1; Círculo Cultural Deportivo de Cesantes na Curva do Murallón, N-550; CMVMC Saxamonde, no campo de fútbol Chan das Pipas; Centro Cultural San Esteban de Negros, na estrada de Negros, 10; Comisión de Festas Virxe das Dores (Barrio Tuimil-O Viso) no torreiro das Festas do Monte da Gándara, Tuimil; Asociación Cultural e Recreativa de Quintela no Picorro, polígono 24 parcela 9051; Asociación Cultural e Deportiva de Rande (Meirande) no lugar de Rande s/n; Asociación Veciñal Deportivo Cultural A Miñoteira, no Camiño da Miñoteira, 1, Ventosela.

A alcaldesa de Redondela chamou á veciñanza a “desfrutar con responsabilidade” dunha festa que recupera a súa celebración popular “logo de dous anos, longos e difíciles”