Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Papá Noel chega a Redondela e visitará aos nenos e nenas das parroquias a partir do luns

Concello de Redondela
16-12-2021
0
Papá Noel chega a Redondela e visitará aos nenos e nenas das parroquias a partir do luns

O venres, 17 de decembro, Papá Noel chega ao concello de Redondela para encher de ilusión aos nenos e nenas, escoitar as súas peticións e ir preparando todo para o día de Nadal. E non ven de paso. Ven para quedar uns días e poder achegarse non só rapaces e rapazas do casco urbano redondelán, senón que tamén percorrerá todas e cada unha das parroquias levar unha carga de ilusión ás e aos máis cativos da casa e, se cadra, para os non tan pequenos.

En Redondela, nenas e nenos poderán compartir un tempo con Papá Noel na casa que o Concello habilitoulle na Alameda Castelao. O fará entre o día 17 de decembro e o 24 de decembro en horario de 17 h a 19:30 horas.

Os días 18 e 19 de decembro, estará tamén cos nenos e nenas de Chapela na Alameda Rosalía de Castro en horario de 17 h a 20 horas.

Pasada a fin de semana comezará o percorrido de Papá Noel polas parroquias de Redondela.

LUNS 20 DE DECEMBRO

Papá Noel comezará a xúa xira en CESANTES, no Campo de San Pedro, entre as 16 h e 16 30 horas e no Centro Cultural de 16:45 h a 17:15 horas para continuar cara ao VISO onde terá un primeiro encontro coa rapazada no Centro Cultural de Soutoxuste de 17:30 h a 18 horas e posteriormente no Centro Cultural Saramagoso de 18:15 h a 18:45 horas. Pechará ese primeiro día de visitas en VENTOSELA no Centro Cultural de 19:15 h a 19:45 horas para facelo logo no Cruce estrada Vilar do Mato, da igrexa de Ventosela e de Castiñeira de 20:00 h a 20:30 horas.

MARTES 21 DE DECEMBRO

O martes será cando Papá Noel visite aos nenos e nenas de REBOREDA primeiro no Centro Cultural de 16 horas a 16:30 horas e máis tarde na Igrexa de Reboreda de 16:45 horas a 17:15 horas. Fará parada, despois, en QUINTELA, no torreiro da Igrexa de 17:30 h a 18 horas para seguir o seu percorrido por SAXAMONDE na antiga escola (camiño de Albarroz, 3) de 18:15 h a 18:35 h e no Camiño da Vía (á altura do número 29) de 18:45 h a 19:15 h. Finalmente, e de retirada a súa casa na Alameda Castelao, estará en REDONDELA na rúa Alfonso XII e Praza da Constitución.

MÉRCORES 22 DE DECEMBRO

A parroquia de VILAR, no Centro Cultural, será a primeira parada de Papá Noel de 16 h a 16:30 horas para reunirse cos nenos e nenas un pouco despois no parque infantil Pica Morena de 16:45 h a 17:15 horas. Seguirá o percorrido en CABEIRO, primeiro no Centro Cultural de 17:30 h a 18 horas e despois no parque infantil Camiño do Campiño de 18:15 horas a 18:45 h. A xira do mércores a pechará Papá Noel en SANTO ESTEVO DE NEGROS cun percorrido que fará polo Camiño de Fixón de 19 h a 19:20 horas e pechar o día no Centro Cultural de 19:30 h a 20:15 horas.

XOVES 23 DE DECEMBRO

O último día de percorrido polas parroquias o comezará Papá Noel en CEDEIRA onde fará tres paradas. Unha primeira en A Portela, de 16 h a 16:2o horas; no Centro Cultural de 16:30 h a 17 horas e en A Formiga (estrada de Cedeira á altura do nº 51) de 17:15 h a 17:35 horas. Seguirá a ruta en TRASMAÑÓ primeiro no Centro Sociocomunitario de 17:50 h a 18:20 horas e posteriormente na intersección do camiño das Pedriñas (a altura do número 18) de 18:30 h a 19 horas. O percorrido do 23 de decembro o pechará en CHAPELA cunha primeira parada na Avenida de Redondela (Centro de Saúde) de 19:15 horas a 19:45 horas e finalmente na Alameda de Rosalía de Castro de 20 horas a 20:30 horas.