Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Avanzan as negociacións entre o Goberno Local e Audasa para a creación dunha zona de esparexemento público na parcela do antigo Colexio Igrexa

Concello de Redondela
10-01-2020
0
Avanzan as negociacións entre o Goberno Local e Audasa para a creación dunha zona de esparexemento público na parcela do antigo Colexio Igrexa

No pasado día 10 de xaneiro tivo lugar no Concello de Redondela a alcaldesa Digna Rivas, a concelleira de ensino Olga García, o concelleiro de medio ambiente Roberto Villar e unha técnica do departamento de urbanismo, mantiveron unha xuntanza programada no mes de decembro con responsables de Audasa. Na que se tratou o cumprimento e remate dos puntos do convenio de expropiación forzosa do antigo Colexio Igrexa de Chapela. Tal e como marca o documento aprobado polo pleno do Concello de Redondela en Marzo do ano 2015, unha vez entregado o novo edificio e realizada a entrega de chaves do antigo por parte do Concello a concesionaria tomaría posesión das instalacións educativas. Unha empresa contratada por Audasa procede estes días a demolición do edificio principal do centro educativo expropiado tal e como marca o convenio aprobado polo pleno.

O convenio recolle a demolición total das edificacións incluídas as casas dos mestres anexas e a ocupación total da parcela por parte da concesionaria da ap-9, actuacións que de momento non se van a realizar como estaba previsto. Un compromiso acordado en xuntanzas realizadas nos derradeiros meses con Audasa, encontros nos que a alcaldesa, o concelleiro de medio ambiente e a concelleira de Urbanismo María Castro trataron e demandaron que non demoleran as casas dos mestres do colexio. Que deixaran un firme provisional de “zahorra” no espazo que queda da demolición do edificio principal, en lugar de formigón como tiña previsto a concesionaria. Entre estes puntos tratouse o máis importante para a cidadanía que é a solicitude de reversión de titularidade da parcela unha vez que Audasa e Fomento delimiten as zonas de dominio público que precisan reservar para o servizo da autoestrada. Está previsto que ao longo dos vindeiros días técnicos municipais realicen unha valoración do estado e a posibilidade de restauración das casas dos mestres para uso público e evitar a demolición desta construción pola que pasaron moitas xeracións de nenas e nenos da parroquia. Todos estes pasos realizados anteriormente foron postos en todo momento en coñecemento da Asociación de Veciños de Chapela e da Asociación de Afectados da ap-9 en xuntanzas mantidas no concello , así como dos grupos da oposición que se interesaron.

Unha vez obtida a reversión o Goberno local estudará e tratará coa veciñanza e grupos políticos diversas propostas para realizar un proxecto que contemple a creación dunha zona de esparexemento público e servizos para as entidades veciñais da parroquia tal e como ven demandado a veciñanza de Chapela nos últimos anos