Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

A Concellería de Medio Ambiente pecha por obras menores o paseo fluvial do río Maceiras dende o 10 ata o 14 de Maio

Concello de Redondela
07-05-2021
0
A Concellería de Medio Ambiente pecha por obras menores o paseo fluvial do río Maceiras dende o 10 ata o 14 de Maio

Dentro do plan anual de mantemento das zonas fluviais do Concello de Redondela nos vindeiros días, o paseo do río Maceiras será pechado ó acceso público para realizar obras menores que consistirán na recolocación dos muros de contención que sufriron danos polos enchentes do inverno e o acondicionamento do firme.

Estas actuacións veñen englobadas dentro da declaración responsable que ten otorgada o Concello de Redondela por Augas de Galicia para a limpeza e o mantemento dos ríos do municipio.

Os traballos realizaranse dentro das pautas marcadas no acordo entre administracións:

  • Evitarase o toldamento das augas pola demolición de materiais ou operacións complementarias que teñan lugar nas proximidades do leito do río.
  • Prohibirase a corta ou destrución da vexetación arbustiva ou arbórea de ribeira, agásque conte con autorización específica para estes traballos.
  • Deixarase en todo momento expedita a zona de servidume para uso público,consistente nunha banda de 5 m de ancho, medidos a partir do bordo ocupado polas augas nas máximas enchentes ordinarias.
  • Durante a fase de construción extremaranse as precaucións coa retirada de todo tipo de cascallos e material de refugallo das marxe, co obxecto de reducir posibles alteracións na calidade da auga circulante ou na capacidade hidráulica da canle.

De xeito especial, prohíbese expresamente verter no propio leito do río restos deformigón ou cemento, ou lavar materiais ou ferramenta que estiveran en contacto coneles, así como cambio de aceite de maquinaria de construción. Non se depositarán na zona de servidume nin en lugares próximos ningún tipo dematerial que poida incorporarse ao río por escorrentas ou cheas.

Os residuos xerados durante a construcón terán que ser trasladados a vertedoiro deresiduos de construción autorizado.

  • Unha vez rematadas as obras ou durante a súa execución, en todas aquelas zonasque dalgún xeito sufrisen unha degradación (tránsito de maquinaria pola zona depolicía) procederase á súa rehabilitación, descontaminando a terra e, se fora preciso,aportando terra vexetal, sementando, plantando, etc. ata conseguir a súa situación primitiva.
  • Rematadas as obras, comunicaráselle ao Concello de Redondela, que procederá ásúa comunicación a Augas de Galicia para o seu recoñecemento final nos casos que se consideren oportunos.