Peche temporal das bibliotecas e da sala de estudo
Concello de Redondela
27-01-2021
0
Debido ás normas ditadas pola Xunta de Galicia para conter o avance do Covid-19, pecharemos tres semanas a partir de mañá.
Do mércores 27 de xaneiro ata o mércores 17 de febreiro, as bibliotecas municipais Valle-Inclán (Redondela) e Xela Arias (Chapela), e mais a sala de estudo permanecerán pechadas ao público.
Atenderémosvos por correo electrónico:
bibliotecaredondela@redondela.gal
bibliotecachapela@redondela.gal
e por teléfono:
Biblioteca Valle-Inclán, Redondela: 986 401 561
Biblioteca Xela Arias, Chapela: 986 454 226
Grazas por todo, coidádevos moito e ata pronto.