Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Concellaría de medio ambiente denuncia pegada de carteis en Saxamonde

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
21-09-2020
0
Concellaría de medio ambiente denuncia pegada de carteis en Saxamonde

Esta mesma mañá a Concellaría de Medio ambiente tivo aviso dunha actuación na Parroquia de Saxamonde: apareceron unha serie de contenedores de lixo cunha nota informativa co membrete e autoría do Concello de Redondela.

Dende o Concello de Redondela, e en concreto dende a Concellaría de Medio ambiente advirten á veciñanza que a creación e difusión deses carteis non son obra do Concello de Redondela.

Lembran, ademais, ós/ás posibles autores/as da actuación, que pegar carteis ou notas en muros, fachadas, farois, valados, papeleiras ou outros elementos da vía pública está terminantemente PROHIBIDO (Ordenanza municipal, artigo 8 e artigo 14).

E que a usurpación da identidade (neste caso facéndose pasar polo Concello de Redondela e usando unha copia inexacta do escudo do Concello) está regulada no Capítulo V do Código Penal con penas de un mes a tres anos.

Por outra banda, dende a Concellaría de Medio ambiente invitan a calquera persoa que quera colaborar, opinar ou discrepar co traballo realizado por este departamento, a achegarse ó Concello con cita previa ou comunicarse vía telefónica ou correo electrónico (no 986400300 ou medioambiente@redondela.gal).