Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Redondela inicia a súa actividade cun cento de persoas en situación de desemprego

Concello de Redondela
24-03-2022
0
O Programa Integrado de Emprego do Concello de Redondela inicia a súa actividade cun cento de persoas en situación de desemprego

O programa integrado conta cun investimento de preto de 257.000 euros dos que a Xunta de Galicia achega 221.000 euros e conta cun obxectivo de inserción do 44 % das persoas participantes

Un total de cen persoas en situación de desemprego verán mellorada a súa empregabilidade a través do Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello de Redondela que o venres o pasado venres, 18 de marzo, foi presentado no Multiúsos da Xunqueira, nun acto presidido pola concelleira de Emprego, María Castro Abad e as técnicas implicadas no programa Belén Oblanca Rivero y Ana Concheiro Sánchez

María Castro Abad animou ás e aos participantes “a aproveitar esta extraordinaria oportunidade para mellorar a empregabilidade” e subliñaba “a atención personalizada” con que contarán as persoas que participan neste Programa Integrado de Emprego.

Pola súa banda a alcaldesa Digna Rivas lembraba que o Goberno redondelán “apostou e segue a apostar pola formación das persoas en desemprego como mellor ferramenta para a súa inserción nun mercado laboral cada día máis especializado e competitivo”.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Redondela conta cun orzamento de 257.000 euros –dos que 221 000 euros serán achegados pola Xunta de Galicia a través dunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade, e os 35 980 euros restantes, polo Concello de Redondela– e nel participarán 30 persoas menores de 30 anos con baixa cualificación; 20 desempregados e desempregadas menores de 30 anos; 15 persoas en risco de exclusión social; 10 maiores de 45 anos; cinco persoas con discapacidade e outras quince perceptoras de prestacións.

O obxectivo deste Programa de Emprego, é o de mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das persoas en situación de desemprego e para iso, as e os participantes contarán cunha atención personalizada durante os meses que dure esta iniciativa.

As acción nas que participarán as persoas que se integren no programa Integrado serán as seguintes:

  • Información, orientación e asesoramento
  • Formación transversal en novas tecnoloxía e/ou idiomas
  • Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea
  • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista
  • Fomento de capacidade emprendedora
  • Prospección empresarial
  • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes
  • Formación para o emprego: esta formación estará relacionada coas necesidades detectadas no mercado de traballo, e programadas en coordinación coas empresas colaboradoras. Algunhas das accións formativas previstas son: Atención ao cliente, ocupacións relacionadas co comercio (dependente, caixeiro, atención telefónica, …), formación en manexo de maquinaria, operario/a de almacén e xestión loxística, formación relacionada co ámbito da hostalaría, formación para traballos de produción, formación en mantemento industrial, limpeza, conxelados, …, formación online diversa, formación que se vai a adaptar aos perfiles das persoas participantes, e ao seu nivel académico.
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctica das acción formativas.
  • Talleres de mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea ( redes Eures).


Así, as técnicas implicadas no programa desenvolverán un traballo de orientación laboral, acompañando e asesorando ás e aos participantes na súa busca de emprego. Paralelamente contactarán coas empresas da zona, nunha labor de prospección laboral, para coñecer as súas demandas de candidatos e candidatas ou formación. Ese paso é fundamental para, posteriormente, facer un traballo de intermediación laboral, emparellando as ofertas de traballo coas persoas participantes segundo os seus perfís e cualidades

Non menos importante é a posibilidade de realizar prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia co contido teórico práctico das accións formativas realizadas.