Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello adía “por prudencia e responsabilidade” a Gala das Mulleres da Illa ata despois do Nadal

Concello de Redondela
09-12-2021
0
 O Concello adía “por prudencia e responsabilidade” a Gala das Mulleres da Illa ata despois do Nadal

O Concello de Redondela anunciou hoxe o adiamento da Gala das Mulleres da Illa, que tería que celebrarse no Multiúsos da Xunqueira o vindeiro 18 de decembro, ata despois das festas do Nadal e segundo marque evolución da actual pandemia da COVID-19.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que a actual situación sanitaria “aconsella o aprazamento desta Gala toda vez que se ía celebrar nun recinto pechado e habería que limitar moito a presenza de público, o que desvirtuaría esta homenaxe”.

Cómpre destacar que na Gala, participarían familiares das Mulleres da Illa, moitos de avanzada idade e que coa evolución actual da pandemia “suporía un risco para a súa saúde”, motivo polo que será aprazada ata despois do Nadal e sempre dependendo das circunstancias sanitarias do momento e do que diten as autoridades sanitarias.

Digna Rivas subliñou que “unha homenaxe ás Mulleres da Illa, con todo o que supón de recoñecemento a súa solidariedade, a súa humanidade e a súa capacidade de axudar aos que máis o necesitaban, ten que ser un acto de relevo e, nas actuais condicións sanitarias, iso non sería posible”