Ábrese o prazo de inscrición nos Clubs de lectura, de Chapela e Redondela, das Bibliotecas Municipais de Redondela.
As persoas interesadas en participar poden facer xa a súa inscrición na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela (986 40 15 61) e na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela (986 45 42 26). Nos clubs de lectura das bibliotecas municipais de Redondela as reunións son mensuais, e lese un libro diferente de cada vez, procurando que as propostas lectoras sexan diversas e variadas. Os/as participantes teñen que ter cumpridos os 18 anos, ter o carné de socios/as das Bibliotecas Municipais de Redondela, ou ben de calquera outra biblioteca da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, e inscribirse previamente nun dos clubs.
Participar é de balde, e as bibliotecas, ademáis, proporcionan os libros para cada sesión.
As reunións dos Clubs de Lectura desenvolveranse entre outubro de 2023 e xuño de 2024, en horario de 20:15 h.
ACTIVIDADE
Así mesmo, as persoas inscritas poderán participar na actividade de Lettering "Debuxar Letras", impartida por Alba Farto dentro do programa" Ler conta Moito" da Xunta de Galicia
A actividade, dirixida exclusivamente aos membros dos Clubs de Lectura, se desenvolverá no mes de setembro, o venres 22 ás 20:00 h., é de balde e as prazas son limitadas.
+ INFORMACIÓN: https://bibliotecas.redondela.gal/clubs-de-lectura-inscricion-curso-2023-2024/