Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

As Bibliotecas Municipais de Redondela foron distinguidas, no galardón á Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela (Redondela), co IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

Concello de Redondela
27-10-2021
0
As Bibliotecas Municipais de Redondela foron distinguidas, no galardón á Biblioteca Municipal Xela Arias de Chapela (Redondela),  co IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia

A Xunta de Galicia vén de recoñecer o proxecto “Unha biblioteca para Xela” co IV Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia, que ten como obxectivo impulsar e pór de relevo os proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e axencias de lectura públicas municipais.

O galardón foi entregado este luns polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, na clausura da III Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia, celebrada na Biblioteca de Galicia baixo o título A biblioteca social.

Aquí podedes acceder á entrega do Premio para partir do punto 4:12:28

Máis información:

https://bibliotecas.redondela.gal/redondela-premio-a-innovacion-bibliotecaria-de-galicia/ 
 
Na imaxe: Cristina Ruibal subdirectora xeral de Bibliotecas e  a concelleira de Cultura , Iria Vilaboa, a directora das Bibliotecas Municipais de Redondela , María Elena Becerra e a responsable da Biblioteca Xela Arias de Chapela María José Villar no momento da entrega do Premio.