Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Presentación do libro "Principio de incerteza"

Bibliotecas de Redondela
30-05-2018
0
Presentación do libro "Principio de incerteza"

Este venres 1 de xuño, da man da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela e coa colaboración das mesmas, gozaremos, en primicia, da presentación da obra gañadora do XIX Certame de Narración Curta Ánxel Fole, "Principio de incerteza".

A súa autora, a viguesa Pilar Ortega Pereiro, presentaranos esta narración que mestura de forma moi orixinal a física e a literatura para relatar unha historia de maltrato.

Podemos considerar á autora moi próxima á nosa vila pois un dos seus relatos foi premiado no II Certame Literario de Relatos Curtos Os Viadutos.

Este venres, 1 de xuño, na Casa da Cultura de Redondela, ás 20:30 h. Entrada libre e de balde

Toda a información:

http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2018/05/principio-de-incertezapresentacion.html