Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Presentacións literarias, exposicións e os Premios Sesé Mateo protagonistas do 25N en Redondela

Concello de Redondela
15-11-2022
0
Presentacións literarias, exposicións e os Premios Sesé Mateo protagonistas do 25N en Redondela

A programación que se desenvolverá na vindeira semana, dende o luns 21 ata o 25 de novembro, inclúe presentacións literarias, exposicións, contacontos para os máis cativos, xogos nos centros escolares e centros de día e a II gala dos premios de xornalismo ético Sesé Mateo. A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela, dirixida por Iria Vilaboa, vén de dar a coñecer o programa da Campaña de Igualdade en torno o día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller. Unha iniciativa, aposta persoal da alcaldesa Digna Rivas, que busca poñer sobre a mesa de debate “todos aqueles temas que poñan en valor o papel da muller na sociedade e a súa loita por acadar unha igualdade real como único camiño para conseguir unha sociedade máis xusta”.
A primeira das actividades arrinca o día 21 nos centros escolares e centros de día do municipio. Consiste nun xogo ao estilo do popular Pasapalabra onde os participantes dispondrán dun rosco proporcionado polo Concello de Redondela que terán que completar. As palabras terán toda relación coa violencia, entre elas podemos atopar: abuso, acoso, burla, berrar…“O xogo está pensado de forma participativa e non competitiva. Busca poñer de relevancia as repercusións deses actos e desas palabras que forman parte dun entorno de violencia”, así o explica a alcaldesa Digna Rivas.traballae
“Somos conscientes de que temos que ir da man cos centros e que non é suficiente tratar o tema con charlas. Entendemos que a violencia é un tema sensible e que ‘non é un xogo’, pero queremos chegar coa mensaxe ao mallor rango de idade posible”, explica Rivas.
A alcaldesa tamén quixo agrafeder a “participación do IES Mendiño e a profesora de Religión Almudena Suárez, por aportar ideas e propostas interesantes, e a todolos institutos de Redondela que sempre están dispostos a colaborar”.
O martes 22 de novembro e o miércoles 23 a través das BIBLIOTECAS MUNICIPAIS, teremos actividades enfocadas para as familias. Apostamos por traballar de forma transversal con centros e bilbiotecas, para chegar a máis xente e conseguir o obxectivo que é cambiar as actitudes e conseguir unha sociedade onde se fomenten as relacións igualitarias”, engade Digna Rivas.
Comezamos co teatro “Contos para nenas grandes e pequenas” no Multiúsos da Xunqueira con Marta Ortiz e Brais das Hortas, o martes ás 18:30 horas. Un espectáculo que trata sobre a importancia do bo trato entre as persoas, a loita contra a violencia machista e a igualdade a través de historias de mulleres diversas.
O obradoiro “Xoguemos a poetizar”, que se levará a cabo no Multiúsos do Piñeiral do Crego o mércores ás 18 horas, traballa tamén a violencia de xénero, a cousificación do corpo ou o acoso escolar.
O mércores 23 pola mañá, tamén convidaremos ao alumnado dos institutos e ao público xeral (ata completar aforo) ao visionado de dúas curtas. Contaremos coa asistencia do director dunha delas, Javier Pereira, co que poderemos falar do tema que se expón: A SUMISIÓN QUíMICA. Tema, por desgraza, de actualidade este ano e que consideramos que debemos darlle visibilidade para sensibilizar aos e ás adolescentes. “Porque este tipo de agresión deben perseguirse e castigarse xa que están a xerar inseguridade entre as rapazas, entre as mulleres que teñen dereito a divertirse sen que ninguén lles impida exercer o seu dereito de liberdade”, explica a alcaldesa. Esa mesma tarde presentaremos en Redondela o libro ‘8 Señales. Cuestión de vida o muerte’, no que a súa autora nos relata a súa propia e traumática experiencia na que a súa exparella a intenta asasinar.
O xoves, 24 de novembro, inauguraremos a exposición ‘Á violencia de xénero dille NON!’. E xa o 25 de novembro realizarase o acto institucional na Praza do Concello coa lectura do manifesto e a presentación do libro ‘BAMBÚ’ de Isabel Blanco, para despois pasar a facer a ofrenda floral que se realiza todolos anos na árbore Ginkgo Biloba no Salgueiral.
O 25 pola tarde ás 20 horas no Multiusos da Xunqueira, celébrase a GALA DOS II PREMIOS DE XORNALISMO ÉTICO SESÉ MATEO “coa que pecharemos dun xeito emotivo a nosa conmemoración do 25N”. A mestra de cerimonias será a actriz Arantxa Treus nun acto no que se dará a coñecer a persoa gañadora desta segunda edición duns premios que buscan recoñecer o tratamento ético das informacións vencelladas coa violencia de xénero e ao que concorreron un total de 16 participantes.
Por último, a alcaldesa de Redondela quere agradecer a “Joshua Mateo o seu traballo na realización dos premios Sesé Mateo que consideramos de gran importancia. Estes Teñen como intención ser un recordatorio permanente e homenaxe ás vítimas da senrazón que é violencia machista, unha das maiores lacras da sociedade”.