Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Presentación do estudo histórico: "A memoria dun pobo. Lembranzas de Cesantes"

Concello de Redondela
12-06-2019
0
Presentación do estudo histórico: "A memoria dun pobo. Lembranzas de Cesantes"

O pasado día 11 de xuño, no salón de Plenos do Concello de Redondela, varios representantes da Asociación Cultural Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, fixeron entrega de varios exemplares dun traballo de estudo histórico: "A memoria dun pobo. Lembranzas de Cesantes", que acaban de presentar hai apenas un mes na Illa de San Simón.

No acto de entrega destes libros dvd, recibiron aos representantes da asociación o Alcalde Javier Bas e a concelleira Teresa París.

Este estudo da parroquia de Cesantes, constrúese en base á memoria dos seus propios veciños, e cóntannos parte da súa infancia, as súas vivencias, as súas diversións e como viviron por exemplo períodos tan duros como a postguerra civil.

O libro dvd pódese adquirir poñéndose en contacto coa propia asociación cesantina.

 

MÁIS INFORMACIÓN:

obradoiro@estudoslocais.org 

http://www.estudoslocais.org