Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Presentación do libro "A lavandeira de San Simón"

Concello de Redondela
08-04-2021
0
Presentación do libro "A lavandeira de San Simón"

O vindeiro venres, 9 de abril, ás 19 horas, o auditorio do Multiúsos da Xunqueira acollerá a presentación libro "A lavandeira de San Simón", de Eva Mejuto.

No acto participarán a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; a autora, Eva Mejuto e a editora de Edicións Xerais, Anaír Rodríguez.

Dada a situación sanitaria provocada pola pandemia da Covid-19, o aforo será limitado, dándose preferencia ás familias das Mulleres da Illa.

Amais, seguirase un estrito protocolo de seguridade en canto ao control de afluencia e separación entre butacas para poder gozar deste emotivo acto con todas as garantías sanitarias.