Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Programa Atenea

Concello de Redondela
27-02-2019
0
Programa Atenea

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, coa finalidade de promover a participación das mulleres na Sociedade da Información, aumentando a súa confianza e seguridade no uso das novas tecnoloxías da información e a comunicación, elaborou diverso material de formación e desenvolto talleres sobre confianza e seguridade na rede dirixidos a mulleres da poboación xeral.

Os talleres están cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Taller Confianza e seguridade das mulleres na rede: Luns 11 de Marzo de 2019 de 16.00h a 20.00h na Aula Cemit de Redondela

¿Coidas a túa imaxe na internet?

¿Pensaches en mellorar a túa seguridade na rede?

¿Usas Internet de forma segura?

¿Coñeces os riscos da internet?

Dirixido a mulleres con coñecementos de infomática a nivel usuaria.

 

Información: Centro de información ás mulleres (CIM) telf. 986 40 80 43

Inscripcións (do 27 de Febreiro ó 7 de Marzo, incluídos): presentando solicitude no Rexistro do concello --> descargar