Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Programa Integrado de Emprego do Concello de Redondela 2019/20

Concello de Redondela
04-12-2019
0
Programa Integrado de Emprego do Concello de Redondela 2019/20

O Concello de Redondela resultou beneficiario dun Programa Integrado de Emprego de Galicia cunha subvención de 217.000€ e cunha cofinanciación de 39.987,21 euros destinados a reinserción laboral de diversos colectivos de persoas desempregadas.

 O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DO CONCELLO DE REDONDELA 2019/20, está dirixido a 100 personas: 5 persoas desempregadas con discapacidade, 15 persoas desempregadas en risco de exclusión social e  as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renta de inclusión social de Galicia; 35 persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, 15 persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, 10 persoas desempregadas maiores de 45 anos,  15  persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renta activa de inserción (RAI) e 5 persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.

 

O proxecto ten un obxectivo de inserción do 43%.

 

No proxecto desenvolveranse as seguintes accións:

 

a) Información, orientación e asesoramento.

b) Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.

c) Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea.

d) Habilidades sociolaborais e talleres de entrevista.

e) Fomento da capacidade emprendedora.

f) Prospección empresarial.

g) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
h) Formación para o emprego. Entre outra formación, impartirase o Certificado de profesionalidade de ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN (210H). COML0110.

i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas.

j) Talleres sobre mobilidade laboral que proporcionen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da Unión Europea (rede Eures).

Todas as accións que se fagan no programa non supoñen coste algún para as persoas desempregadas. Os participantes percibirán unha bolsa por día de asistencia ás accións do programa de 5 euros e medidas de conciliación para aquelas persoas non perceptoras de prestacións con dependentes a cargo menores de 12 anos que cumplan os requisitos.

Para mais información poderán acudir ao Centro de Formación Municipal A Marisma, no Paseo do Pexegueiro, nº 6, 36800 Redondela ou no tf 986 402 664. Tamén poderán solicitar a súa participación nos servizos públicos de emprego do Concello de Redondela, sitos na parroquia de Redondela (Oficina de Redondela) ou en Vigo (Oficina de San Xurxo Badía) para a veciñanza da parroquia de Chapela, solicitando na súa demanda o servizo 930 “Programas experimentais.”