Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela oferta o programa “OS NOSOS CORPOS, AS NOSAS NORMAS” enfocado as familias e alumnado dos institutos

Concello de redondela
14-04-2023
0
Redondela oferta o programa “OS NOSOS CORPOS, AS NOSAS NORMAS” enfocado as familias e alumnado dos institutos

Obradoiro Prevención dos Trastornos da Conducta Alimentaria desde unha perspectiva de xénero impártese para para o alumnado e familias do IES Floriani, IES Mendiño , IES San Simón e os Ciclos Formativos Superiores de Nutrición e Dietética, Integración Social, Educación Infantil e Farmacia do IES Chapela. A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela presenta o Obradoiro Prevención dos Trastornos da Conducta Alimentaria desde unha perspectiva de xénero, unha iniciativa que a alcaldesa Digna Rivas cualificaba como “fundamental para a prevención de ditos trastornos nas idades de maior risco” .

O obxectivo do programa é contribuír a elevar e mellorar o nivel de saúde do alumnado dos centros educativos do Concello de Redondela e das súas familias. A Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega, APAIOGA, será a encargada de impartir a formación concretamente nos seguintes centros e cursos: Alumnado e familias de 3º ESO A e B do IES Floriani, 3º ESO A,B e C do IES Mendiño , 3º ESO A, B e C e PDC e 2º ESO A e B do IES San Simón e os Ciclos Formativos Superiores de Nutrición e Dietética, Integración Social, Educación Infantil e Farmacia do IES Chapela.

No obradoiro os e as participantes aprenderán a identificar os elementos manipulativos da publicidade, das redes sociais e da contorna social, fomentando o espírito crítico. Darás as ferramentas ó alumnado para o mantemento dunha adecuada autoestima, para non sobrevalorar a idea da imaxe corporal en detrimento doutras cualidades persoais e proporcionará os coñecementos necesarios que explican as variacións de peso, informando sobre a influenza na figura dos caracteres sexuais secundarios. Todo isto facilitando información adecuada sobre alimentación saudable.

“Como tódolos obradoiros e oferta educativa ou cultural deste Concello, están pensados dende a igualdade e a perspectiva de xénero para traballar de forma transversal na transformación cara unha sociedade máis xusta e igualitaria”, conclúe Rivas.