Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O proxecto RELEVO2, que está a levar a cabo o Galp Ría de Vigo- A Guarda no noso territorio

Concello de Redondela
14-09-2021
0
O proxecto RELEVO2, que está a levar a cabo o Galp Ría de Vigo- A Guarda no noso territorio

O que este proxecto pretende é trasladar ao alumnado dos centros de ensino, de xeito ameno, dinámico e práctico, as posibilidades que ofrece o sector pesqueiro para que mozos e mozas sexan coñecedores do que deben facer/estudar para entrar a formar parte do sector e constituír o verdadeiro relevo xeracional. Ademais entre os seus obxectivos tamén se atopan: Poñer en valor o sector pesqueiro entre a comunidade escolar en idade de traballar e/ou de escoller estudos superiores, valorizar o sector pesqueiro en termos económicos, dando a coñecer a demanda real existente para diferentes postos de traballo no mar e dando a coñecer as saídas profesionais existentes no mesmo, e ofrecer unha formación máis cuantitativa, que pretende achegar a realidade do sector pesqueiro en termos de oportunidades laborais, a fin de captar persoas que conformen ese relevo xeracional.

A iniciativa vai dirixida aos centros educativos de educación secundaria obrigatoria (concretamente a alumnado de 4º de E.S.O. ) que estean nalgún dos concellos que conforman os territorios dos GALP promotores.

O proxecto RELEVO 2_Mocidade Abordo trata de achegar o sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola ao alumnado a fin de que coñezan as saídas profesionais e todo o que este sector lle ofrece na nosa comunidade.

Consiste nun programa a realizar nos diferentes IES interesados que se inscriban no que se poñerá en valor e se darán a coñecer os recursos do sector a disposición dos mozos e mozas para que poidan formarse e telos coma unha opción de futuro.

Trátase dun proxecto, que está a levar a cabo o Galp Ría de Vigo-A Guarda no noso territorio, de colaboración promovido polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro que van de seguido:

GALP A MARIÑA - ORTEGAL.

GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE.

GALP GOLFO ÁRTABRO SUR.

GALP RÍA DE AROUSA.

GALP RÍA DE PONTEVEDRA.

GALP RÍA DE VIGO – A GUARDA.

O programa abordará o desenvolvemento da ECONOMÍA AZUL e fará fincapé especialmente en:

a) PESCA E ACUICULTURA
b) TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN
c) TURISMO E DEPORTES NÁUTICOS.

Dentro de cada un destes bloques haberá unha serie de contidos que se abordarán de xeito ameno e dinámico nas aulas, ben a través de sesións de formación e divulgación ou ben mediante a visita de diferentes persoas profesionais do sector.

A información detallada, carteis e o formulario de inscrición atópanse no espazo web www.relevo2.org