Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Consolídase o punto municipal de estruturante para a compostaxe na casa e habilítase outro en probas en Chapela

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
20-05-2020
0
Consolídase o punto municipal de estruturante para a compostaxe na casa e habilítase outro en probas en Chapela

A Concellaría de Medio Ambiente consolida o punto de recollida de estruturante para a compostaxe na casa de Redondela e habilita outro punto en probas en Chapela.

Despois dunha boa participación da cidadanía no punto experimental de recollida de estruturante para a compostaxe situado no Campo do Gando en Redondela. Medio Ambiente consolida un punto que leva en funcionamento dende o outubro pasado, no que a veciñanza pode ir a recoller o esturturante. Material rico en carbono de lenta descomposición que facilita as condicións de humidade e aireación adecuadas no composteiro. O material en cuestión é a ramaxe triturada que se produce a realizar as podas no concello. Nos últimos meses unha morea de participantes foron achegándose o Campo do Gando a recoller o material de forma cívica e respectando as catro normas básicas postas pola concellaría de medio ambiente:

- Fai un bo uso deste lugar habilitado de uso público.

- Leva tan só o que precises para compostar.

- Lembra que despois de ti, veñen outras persoas.

- Respecta esta zona, non botar lixo, restos orgánicos ou vexetais.


Aínda que como todos os procesos en probas houbo incidencias que resolver a boa acollida e participación do punto de recollida de Redondela. Permite o departamento medio ambiental do concello crear un novo punto de recollida no municipio que está situado de forma experimental no aparcadoiro do pavillón de deportes Manuel Soto de Chapela.

 

Dende este Luns 18 de Maio a veciñanza de Chapela ou arredores que precise estruturante para compostar na casa poderá recollelo no aparcadoiro do pavillón da parroquia, este punto estará en fase de probas inicialmente.

Durante os vindeiros meses o departamento medioambiental estudará se o lugar é o axeitado, a participación da cidadanía e outros posibles aspectos que vaian sucedendo durante a fase de implantación. Unha vez consolidado este punto outras zonas do concello serán escollidas para continuar coa campaña por outras parroquias dependendo da poboación e a demanda da veciñanza.

Paralelamente dende a Concellaría teñen en estudo atallar a problemática dos restos vexetais de cortas e podas que realiza a veciñanza, creando puntos específicos onde se poidan depositar a para triturar e producir estruturante. Reducindo deste xeito unha gran cantidade de toneladas de materia vexetal que se acaban transportando a prnata de Sogama mesturada co lixo.

Redondela 18 de Maio de 2020.