Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O paseo da Xunqueira e a Avenida de Vigo contarán con punto de recarga para vehículos eléctricos

Concello de Redondela
12-07-2021
0
O paseo da Xunqueira e a Avenida de Vigo contarán con punto de recarga para vehículos eléctricos

O investimento acada os case que 44.000 euros e conta cunha axuda do 40 % do INEGA dentro do programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente (programa MOVES II). O Concello de Redondela vén de anunciar o inicio do proceso de contratación de dous puntos de recarga para vehículos eléctricos logo de ter recibido a comunicación do INEGA, da concesión dunha subvención a través do Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (programa MOVE II).

Os puntos de recarga, cada un cada capaz de atender simultaneamente a dous vehículos, quedarán instalados no Paseo da Xunqueira e na Avenida de Vigo e o Concello destinará un investimento total de 43.466,71 € dos que 17.386,89 (o 40 %) serán subvencionados polo INEGA.

A instalación destes puntos de recarga responde ao proxecto do Goberno local, que preside Digna Rivas, de apostar pola mobilidade sustentable e a redución de emisións de CO2.