Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Campaña #QUEDATENACASAELE das Bibliotecas de Redondela

26-03-2020
0
Campaña #QUEDATENACASAELE das Bibliotecas de Redondela

As Bibliotecas Municipais de Redondela namorámonos da campaña de concienciación cidadá realizada polos sanitarios da Comunidade de Madrid: #quedateencasa, para frenar os contaxios e axudar a non expandir o COVID-19.

Como contribución, lanzamos a campaña#quedanacasaele/#quedateencasaylee , promovendo o esforzo de quedar no fogar e, xa de paso, fomentar a lectura. 

Nestes días de alerta sanitaria o máis importante que podemos facer por cada un de nós e polas persoas que nos rodean é quedar nos nosos domicilios. Fagamos desta crise unha oportunidade, e aproveitemos para ler aqueles libros que temos pendentes. Na casa, con lecturas, é máis levadeiro e máis pracenteiro.

Dende as Bibliotecas Municipais de Redondela convidámosvos a que compartades nas vosas redes sociais, co cancelo#quedanacasaele/#quedateencasaylee, unha imaxe do voso recuncho de lectura para estes días ou de como estades sacando proveito para achegarvos aos libros.

Fagamos viral un chamamento para que a cidadanía quede na casa e fomentemos a lectura!
Sairemos desta, e farémolo reforzados e máis cultivados e sabios.

#quedanacasaele
#quedateencasaylee

Máis información:

http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/03/se-tes-que-quedar-na-casa-goza-da.html