Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Raquel Queizás en Redondela nos descubre a Falardo

Concello de Redondela
28-04-2023
0
Raquel Queizás en Redondela nos descubre a Falardo

A actividade de balde terá lugar o sábado 29 de abril ás 12:00h no Multiusos da Xunqueira. O Concello de Redondela, a través da Concellería de Normalización Lingüística, ofrece unha actividade en colaboración coa recoñecida contadora de contos infantil Raquel Queizás.

 Raquel Queizás  trae unha nova proposta a Redondela. Desta vez vai descubrir, a través da investigación e das pistas, un personaxe histórico de Galicia: Antolín Faraldo. Esta actividade, que terá lugar no Multiusos Da Xunqueira o sábado 29 ás 12:00h con entrada de balde, está dirixida a público infantil a partir dos 6 anos pero tamén ao público adulto que teña interese en descubirir feitos e curiosidades sorprendentes do escritor e xornalista galego e do propio pasado de Galicia.

“A proposta, organizada polo SNL, quere desta achegar de maneira didáctica e divertida un anaco da memoria galega”, conclúe a alcaldesa e directora da Concellería organizadora Digna Rivas.