Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela pon en valor a riqueza natural e biolóxica da Rede Natura 2000

Concello de Redondela
20-05-2021
0
Redondela pon en valor a riqueza natural e biolóxica da Rede Natura 2000

Con motivo do día europeo da Rede Natura 2000 e do día internacional da Diversidade Biolóxica a concellería de medio ambiente ofrece un programa de actividades para por en valor a gran riqueza natural da enseada de San Simón .

DÍA 21
Descubre a Rede Natura 2000 diante da Casa do Concello entre as 11:00 e 14:00h

DÍA 22
Actividades de mañá:

  • Saída en kayak para coñecer a Rede Natura 2000 da Enseada de San Simón.
    Horario 10.00-14:00 h saída porto de Cesantes. Prezo 15€ prazas limitadas.
  • 3 Paseos de 45 min para coñecer a biodiversidade biolóxica da Rede Natura 2000.
    Horario: 10:00-13:00 h saída praia da Punta. Actividade de balde.
  • Actividades infanís de balde:
    • Obradoiro: “Pegadas”
    • Obradoiro: “Cantos bechos viven por metro cadrado?”
  • Actividades rotativas horario: 10.00 a 13.00h prazas limitadas.
  • Xantar amenizado polo grupo local “Pacíficos Errantes” 13:30 – 14:15

Actividades de tarde:

  • 3 Paseos de 45 min para coñecer a biodiversidade biolóxica da Rede Natura 2000.
    Horario: 16:00-19:00 h saída praia da Punta. Actividade de balde.
  • Actividades infantís de balde:
    • Obradoiro: “Comedeiros para aves”
    • Obradoiro: “Realización de niños para aves.
    • Obradoiro: “Moluscos e crustáceos”
    • Actividades rotativas horario: 16.00 a 19.00h prazas limitadas.

DÍA 23

  • Saída en Kayak para coñecer a Rede Natura 2000 da Enseada de San Simón. Horario 10.00-14:00 h saída porto de Cesantes. Prezo 15€ prazas limitadas. Prazas limitadas en todas as actividades e delimitación polas medidas COVID

Máis información: turismo@redondela.gal - 986 40 17 13