Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela comeza o entroido o sábado coa primeira gran festa no Campo da Feira e un tributo a Queen

Concello de Redondela
05-02-2023
0
Redondela comeza o entroido o sábado coa primeira gran festa no Campo da Feira e un tributo a Queen

Redondela comeza o entroido o sábado coa primeira gran festa no Campo da Feira e un tributo a Queen. Redondela unha vez máis aposta por actividades para todaa a familiar. Dende os obradoiros para o más cativos e cativas ata o tributo a Queen da mán de Bulsara para o público adulto. Tamén continúa a tradición coa  Queima do Meco en Redondela e o Berete en Chapela coa actuación de América. “Un programa variado centrado no público familiar para que os máis cativos e cativas teñan o espazo que se merecen. Ademais de recuperar con total normalidade, logo de moito tempo, o tradicional espírito de celebración na rúa coa Queima do Meco e o Berete en Redondela e Chapela, respectivamente”. Asi definiu a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a programación para o Entroido 2023 elaborada pola Concellería de Cultura que xestiona Iria Vilaboa.

A programación comeza o sábado 18 de febreiro co Entroido Infantil e Xuvenil que consiste en actividades variadas como obradoiros de temática entroido na Alameda de Castelao en horario de 17 horas a 19:30 horas.

A partir das 18 horas da tarde  os pasarrúas encherán as rúas da vila comezando en Alfonso XII e rematando na Rúa Xeneral Rubín.

No Campo da Feira a festa continúa para o público xuvenil e adulto cos concertos de Gin Toni´s  + Maneiras de vivir de 21:00 horas a 23:00 horas onde soará a mellor música do pop rock español da década dos 80 á actualidade. Xa entrada á madrugada, cara as 23:15 horas, tocará a banda Bulsara- The Queen Experience (tributo a Queen) seguida de Disco Móvil CDC ás O:45 horas.

O 19 de febreiro pola mañá continúa o entroido dedicado aos maís cativos e cativas coa mostra de disfraces infantil na Alameda de Castelao a partir das 11:30 horas na que se repartirán premios por categorías.

Ás 17 horas da tarde comezan as comparsas no Campo da Feira xunto coa animación musical e pasarrúas da Asociación de Percusionistas e Tamborileir@s Aperta.

As 18:00 horas é a quenda das comparsas que estarán acompañadas da  comparsa representativa do entroido de Redondela “Tío Emilio”, rematando ás 20:30 horas coa entrega de premios. A Queima do Meco de Redondela será o 21 de febreiro ás 19:00 horas xunto co pasarrúas e espectáculo a cargo de Pablo Méndez Performances que sae da Praza de Ribadavia.

Este día tan importante para o entroido redondelá completase con actividades ao longo de todo o día, comezando cun desfile e concurso de disfraces individual e colectivo. Para apuntarse a esta actividade é obrigatorio facelo de forma presencial ás 16 horas nos soportais do Concello, porque o propio desfile comeza ás 17:00 h e remata ás 19:30 horas coa entrega de premios. N

on faltarán tamén actuacións musicais a partir das 17 horas da tarde da mán de Batucada Brassica Rapa , a primeira fanfarria galega 100% feminina, e simultáneamente “As Meigas” animarán á veciñanza  acompañadas dunha cacerola de feitizos xigante.

Para rematar á tarde ás 20:30 horas, despois da Queima do Meco, porá música a discoteca móbil “A Duendeneta” .

O Entroido de Chapela celébrase o  25 de febreiro comezando ás 17 horas da tarde coa concentración de comparsas no Alto da Encarnación. Ao igual que acontecera antes en Redondela, a Asociación de Percusionistas e Tamborileiros 'Aperta' será a encargada de animar as rúas para, ás 18 horas partir a triste comitiva do Enterro do Berete dende o Alto da Encarnación ata a Praia de Arealonga onde, cara ás 20.30 horas terá lugar a súa queima.

Pola noite, no Paseo Marítimo de Chapela actuarán a orquesta Grupo América de Vigo (21 horas) seguida de DJ Charlie a partir das 00:00 horas.

A alcaldesa Digna Rivas destaca que, “aínda que Redondela é coñecida polo entroido de verán a programación do entroido de inverno é igual de importante, demostrando que Redondela É ENTROIDO TODO O ANO”.