Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela concéntrase diante da Praza do Concello en memoria de Beatriz Lijó Gesteira vítima de asasinato machista en Baiona

Concello de Redondela
08-02-2023
0
Redondela concéntrase diante da Praza do Concello en memoria de Beatriz Lijó Gesteira vítima de asasinato machista en Baiona

Redondela concéntrase diante da Praza do Concello en memoria de Beatriz Lijó Gesteira vítima de asasinato machista en Baiona. O Concello de Redondela organizou un acto o martes 7 de febreiro ás 20:00 horas da tarde na Praza do Concello para que os veciños e veciñas puideran expresar a indignación ante o asasinato machista de Beatriz Lijó Gesteira. Desta forma, Redondela reafirma o compromiso social na loita contra as violencias machistas.

O acto comezou cun minuto de silencio, despois a concelleira de igualdade, Iria Vilaboa, dixo unhas palabras de apoio ás vítimas e deu paso ao micrófono aberto no que participou a Asamblea Feminista Paxaretas e a Federación de Anpas de Redondela. Por último a alcaldesa, Digna Rivas  pechou o acto lembrando a tódalas mulleres vítimas de violencia machista comezando por Beatriz Lijó que “convértese na oitaba víctima en España no que vai de ano, 1190 mulleres asasinadas dende 2003. É unha necesidade aumentar en recursos e educación para frear esta lacra”. Rivas, asegurou “ser incapaz de expresar  a rabia e indignación que me produce o terrible suceso de Baiona”. Rivas foi clara ao afirmar que a sociedade ten que loitar “unida e sen fisuras” contra a barbarie que supón a violencia machista, “unha violencia –engadiu á rexedora local– fronte á que non caben medias tintas nin ambigüidades e aqueles que negan a existencia deste violencia machista, son complices da mesma”. A rexidora asegura que estes feitos “son un golpe moi duro para aquelas e aqueles que cremos e loitamos pola igualdade, pero que a ninguén teña a menor dúbida que seguiremos nesta pelexa ata conseguir poñer fin aos asasinatos machistas que supoñen unha auténtica lacra social”.