Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela consegue a humanización da senda da auga no seu paso por Cidadelle

Concello de Redondela
04-02-2023
0
Redondela consegue a humanización da senda da auga no seu paso por Cidadelle

Depois de máis de 20 anos de demanda veciñal Redondela consegue a humanización da senda da auga no seu paso por Cidadelle. Esta era unha demanda da veciñanza dende fai máis de 20 anos e únese aos outros traballos que se van acometer na contorna, como a renovación das redes de saneamento e abastecemento na subida a Cidadelle. O Concello de Redondela reuniuse cos veciños de Chapela para darlle a boa noticia da humanización do Camiño da Traída. A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explica que “esta era unha demanda dende fai máis de 20 anos por parte da veciñanza, polo que tomamos cartas no asunto e comezamos a traballar co Concello de Vigo para que autorizara a humanización do tramo da senda da auga que atravesa Cidadelle no Cño. da Traída e comezamos a traballar”.

O Concello de Redondela traballou co Concello de Vigo para chegar ao acordo da humanización deste tramo polo que pasan coches diariamente e forma parte do acceso as casas dos veciños e veciñas da zona. Rivas apunta que “ o  Concello de Redondela iniciará os traballos dese tramo polo que pasan vehículos diariamente e forma parte do acceso ás casas dos veciños e veciñas da zona”.  Rivas apunta que “facemonos cargo do mantemento co camiño de terra que actualmente está de xabre”.

 O camiño, que actualmente está feito con xabre, cambiarase por un pavimento de formigón reforzado con granito e cemento duns 15 cm de espesor. Os traballos comenzarán próximamente e aseguran que estarán en marzo.  “En canto confirmouse a realización das obras reunímonos cos veciños e veciñas afectados, pois este goberno ten como prioridade mellorar a calidade de vida das parroquias”.

 A rexidora local quere lembrar que “ademais destas obras, o Concello de Redondela está traballando noutros proxectos nas parroquias a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra”. Concretamente, na parroquia de Chapela xa comezou a primeira fase de renovación das redes de saneamento e abastecemento na subida a Cidadelle grazas a Subvención da Deputación de Pontevedra. A administración provincial fai unha achega importante de 355.465€ da Liña 1 do Plan Concellos para Redondela.

 “Este goberno cumple cos comprimosos coa veciñanza para cubrir as súas demandas e necesidades que son unha prioridade e de vital importancia para o bo mantemento dun municipio tan importante como Redondela, que sitúase como o cuarto máis poboado da provincia”, conclúe Rivas.