Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela convértese en ciberexperta

Concello de Redondela
04-05-2023
0
Redondela convértese en ciberexperta

Redondela convértese en ciberexperta. A Policía Nacional, a través da Delegación de Participación Cidadá da Comisaría Vigo-Redondela, fixo entrega á mocidade de Redondela dos diplomas e carné de ciberexperto/a.

 Trátase dun proxecto de capacitación para o alumnado de sexto de primaria e un complemento de distintas charlas de formación preventiva con respectos ás Tics. Este é un tema que a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, considera de “vital importancia”, debido a “a temperá exposición que teñen os nenos e nenas ás redes sociais, internet, dispositivos móbiles e demais ferramentas tecnolóxicas”. En moitos casos, explica a rexedora local, “esta exposición pode derivar en bullying, acoso ou unha mal práctica xeneralizada que condiciona e inflúe drásticamente na vida destes nenos e nenas. Polo que este programa é necesario e agradecemos a constante colaboración da Policía Nacional con Redondela”.

 En total, participaron 267 alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria de todos os centros educativos de Redondela (CEIP Santa Mariña,CEIP Porto Cabeiro, CEIP Igrexa Chapela, CEIP. Plurilingüe Alexandre Bóveda, CEIP de Laredo, CEIP Plurilingüe de Quintela, CEIP de Cedeira, CEIP Plurilingüe de Reboreda, CEIP Outeiro dás Penas e o Centro plurilingüe Colexio Vigo). Aos que a rexedora tamén quixo agradecer “a súa colaboración e a súa habitual disposición con iniciativas deste calibre”.

 Esta iniciativa súmase a outras, como a colaboración estreita cos centros de día de Redondela, establecidas pola Policía Nacional a través da Comisaría Vigo-Redondela que “sempre teñen en conta Redondela para desenvolver actividades e programas para  a mellora da calidade de vida das persoas do noso municipio”, conclúe Rivas.