Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela impulsa as compras locais extendendo a iniciativa do parking gratuito

Concello de Redondela
01-03-2023
0
Redondela impulsa as compras locais extendendo a iniciativa do parking gratuito

Redondela impulsa as compras locais entendendo a iniciativa do parking gratuíto. O Concello de Redondela fomenta as compras locais facilitando tickets de parking gratuítos no Mercado de Abastos que continuará coa mesma promoción que leva ofrecendo nos últimos meses e durante o Nadal.
O Concello de Redondela promove o mercado minorista e de proximidade na vila a través do intercambio de tickets de compra locais por horas de aparcamento gratuito no Parking da Xunqueira. Por cada 2 tickets de compras nos postos do Mercado de Abastos de Redondela, o cliente recibe unha hora de parking de balde.
“Esta iniciativa tivo moito éxito durante o Nadal e foi moi demandada polos comerciantes de Redondela para impulsar as compras no pequeno comercio, pero ademais tamén é unha forma de facilitar o movemento á veciñanza”, explica a acaldesa de Redondela, Digna Rivas.
A Praza de Abastos de Redondela continuará coa promoción que leva meses posta en marcha para impulsar as compras no mercado. “Os praceiros e praceiras mostraron o seu interese por continuar co intercambio de tickets de compra por horas de aparcamento. Leva sendo un éxito nos últimos meses e o concello comprometeuse a ampliar a oferta”, engade Rivas.
Por cada dous tickets de compra dalgún dos postos do mercado, o cliente recibe unha hora de aparcamento de balde no Parking da Xunqueira, sen importar que sexan da mesma tenda. Neste caso o intercambio dos tickets faise na propia cafetería do mercado, para facilitar o movemento dun espazo moi concorrido do municipio.
A rexidora local quixo salientar a importancia dun comercio local e unhas prazas de abastos –Redondela e Chapela– “que teñen capacidade dabondo para ofrecernos todo o que precisemos para este Nadal”.