Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela en pé polo planeta

04-06-2020
0
Redondela en pé polo planeta

Con motivo da celebración do Día Mundial do Medio ambiente desde o colectivo Artelixo e o Concello de Redondela (Concellaría de Medio Ambiente), convidamos á cidadanía á participación nun acto, sumándose á campaña que a entidade Hope! desenvolve por todo o mundo, para chamar a atención sobre o cambio climático. A actividade enmárcase na campaña "En pé polo planeta" e chama a traer zapatos de nenas/os (bebés e crianzas pequenas ou non tan pequenas) para simbolizar a necesidade de deixarlles ás nosas fillas e fillos un mundo habitable e sostible.

Nesta acción trataremos de reflexionar sobre a crise climática e como se tratan outras crises como a do COVID-19. Que podemos aprender? Como nos pode axudar a cooperación e a concienciación?

Neste acto cada nena e cada neno deixarán zapatos na rúa Alfonso XII que estará cortada entre as 16.00 e as 22:00 horas deste venres 5 de xuño. Ás 18.00h haberá un espazo de expresión para a rapazada, nel poderemos escoitar o que as pequenas e pequenos nos queiran dicir sobre o coidado do planeta e do seu futuro... Coidémonos coidando do medio ambiente. 

Os zapatos que estean en uso poderán recollerse despois da acción. Os que estean en desuso (máis que poidan ser aproveitados por outros nenos/as) e queiran doarse, recolleranse e serán entregados pola organización á asociación Boa vida de Pontevedra.

Agardamos a vosa visita as rúas de Redondela para poñernos “en pé polo planeta”.