Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela celebra nas ondas as Letras Galegas 2021

Concello de Redondela
03-05-2021
0
Redondela celebra nas ondas as Letras Galegas 2021

O 3 de maio dará comezo a segunda fase do proxecto radiofónico “Xela a diario”, organizado polas Bibliotecas Municipais de Redondela, baixo a coordinación e condución da narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini ,en homenaxe a Xela Arias, á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Así mesmo, os podcast estarán dispoñibles diariamente, a través da páxina web de Radio Redondela e nas redes sociais das Bibliotecas Municipais de Redondela.

“Xela a diario.Voces amigas” contará con catorce destacados/as convidados/as , entre eles persoas que coñeceron persoalmente a autora, así como membros da súa familia.

“Xela a diario. Voces amigas” que conta coa colaboración da Radio Municipal de Redondela se emitirá a través das ondas da mesma do 3 ao 17 de maio, de luns a domingo, en horario de 12:00 e 17:00 h. Nas fins de semana tamén será difundido pola Rede de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA).

Así mesmo, os podcast estarán dispoñibles diariamente, a través da páxina web de Radio Redondela e nas redes sociais das Bibliotecas Municipais de Redondela.

Este ano en que as Letras Galegas se lle adican á poeta e tradutora Xela Arias, as bibliotecas municipais de Redondela están comprometidas como nunca coa celebración desta festa no noso municipio pois unha das bibliotecas da súa Rede, a que está situada en Chapela, leva como nome Xela Arias dende o ano 2018 por votación popular.