Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela recicla con xeito

Concello de Redondela
24-01-2023
0
Redondela recicla con xeito

Os datos obtidos pola Concellería de Medio Ambiente reflexan unha mellora lineal nos últimos 4 anos. Pódese observar o aumento do uso dos contedores de reciclaxe por parte da veciñanza. A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela obten os mellores datos de reciclaxe dos últimos 4 anos. Isto é grazas as campañas de reciclaxe e os encontros coa veciñanza nos centros culturais onde se fomentaron as vantaxes da reciclaxe e da compostaxe como alternativa á xestión tradicional de residuos sólidos urbanos.
En canto aos datos obtidos no contedor de vidro, en 2019 recicláronse en Redondela 352.800 kilos, chegando aos 376.420 kilos en 2022. Isto significa un aumento do 6.6%.
Os envases de plástico tamén observan un aumento significativo pasando dos 288.710 kilos en 2019 aos 323.430 kilos en 2022. Resultando nunha mellora do 12% nos datos.
O papel e o cartón supera aos datos anteriores cun aumento do 14.5%. Os veciños e veciñas de Redondela reciclaron 311.910 kilos en 2019 fronte aos 357.4220 kilos de 2022.
Tamén apreciase unha reducción do uso do contedor restos, xa que a xente utiliza máis os contedores correspondetes de reciclaxe. Isto é o resultado dascampañas feitas polo concello no último ano, onde se reflexa unha diminución de case o 3% do seu uso dende 2021 ao 2022.
Trátase, explica a alcaldesa, Digna Rivas, de ofrecer á cidadanía todas as ferramentas que precisan para “ben de xeito individual ou comunitario, realizar un cambio de tendencia no tratamento tradicional do lixo orgánico e o reciclaxe contribuíndo á redución dos residuos sólidos urbanos”.
Dende a Concellería de Medio Ambiente queren facer finca pé na recollida de voluminosos. Aquelas persoas que deban desfacerse de voluminosos (restos de mobles, colchóns, electrodomésticos,..) deberán chamar ao seguinte teléfono de URBASER: 986 408034 ; Neste teléfono se especificará a data e o lugar. O depósito deste tipo de desfeitos sen o permiso previo e de forma irregular pode supoñer sancións monetarias.