Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela recupera o pulo turístico que tiña antes da pandemia e medra no número de visitantes

Concello de Redondela
06-06-2022
0
Redondela recupera o pulo turístico que tiña antes da pandemia e medra no número de visitantes

O número de persoas que pasaron polas instalacións municipais de turismo durante a última quincena de maio de 2022, superan aos visitantes do mesmo período do 2021

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, amosou hoxe a súa satisfacción pola “dinámica positiva” que experimenta o turismo en Redondela, unha tendencia á alza que ven referendada polos datos ofrecidos pola Oficina Municipal de Turismo “que destacan que na última quincena de maio do 2022, as persoas que solicitaron información nas dependencias turísticas redondelás superan ás que o fixeron no mesmo período do 2019, antes da pandemia da Covid-19”, afirma a alcaldesa.

Segundo os dados correspondentes as demandas de información atendidas na Oficina de Turismo de Redondela ao comezo da tempada, –oncretamente na segunda quincena do mes de maio (dende o 14 ao 31 de maio de 2022), pasaron pola Oficina de Turismo un total de 549 persoas facendo peticións de información, dos cales 340 eran de procedencia nacional, 209 eran estranxeiros e 64 residentes.

En canto o mesmo período, no ano inmediatamente anterior a pandemia, é dicir durante o 2019, pasaron pasaron pola nosa Oficina de Turismo un total de 531 persoas (81 de procedencia nacional, 433 estranxeiros e 17 residentes). Neste punto

Neste punto, a alcaldesa de Redondela lembrou que “o número de visitantes foi moi superior xa que tal e como se sinala dende diferentes estamentos relacionados co turismo, as aplicacións dos teléfonos móbiles fan que sexan moitas as persoas que buscan directamente os puntos de interese sen pasar polas Oficinas de Turismo”

O certo, engade Digna Rivas, é que destes resultados “pódese afirmar que comezamos a recuperar os resultados estatísticos de antes da pandemia” que, naqueles momentos, anunciaba un crecemento constante e continuo dos peregrinos especialmente estranxeiros, que pasaban pola vila.

Precisamente este dado é o que marca a pequena diferencia, xa que a recuperación estase notando con mais forza nos peregrinos nacionais, que por outra banda e, a medida que se estabilice a “normalidade” irase recuperando a tendencia internacional dos peregrinos do Camiños Portugueses a Santiago que pasan por Redondela.

Dous perfís turísticos

Polo municipio redondelán pasan, a tenor dos datos recollidos, dous perfís de turistas perfectamente diferenciados: o turista vacacional e o peregrino, sendo este último maioritario en ámbolos dous anos obxecto desta pequena comparativa inicial, coa diferencia de que a recuperación de peregrinos é moito maior no ámbito nacional que o estranxeiro.

Precisamente este perfil de Peregrino é o que determina o horario de apertura da Oficina de Turismo de Redondela, adaptándose a rutina dos peregrinos que chegan á vila ao final da etapa –sexa polo Camiño Portugués pola Costa ou polo Camiño Portugués–, na súa maioría en horario de media mañá, para así poder organizar a súa estancia no albergue ou calquera outro tipo de establecemento hoteleiro e, tamén a seguinte etapa.

A alcaldesa puxo tamén en valor “a cantidade de usuarios locais que cada vez mais pasan pola Oficina de Turismo para informarse das cada vez mais numerosas actividades culturais, medioambientais, e doutras índoles que organiza o concello dentro e fora da súa programación de festas, que de maneira presencial, telefónica o correo electrónico veñen a Oficina de Turismo a informarse e participar”.