Obradoiro de Emprego “Redondela Sostible”
Concello de Redondela
13-08-2019
0
O Concello de Redondela acaba de recibir a resolución pola que lle concede unha nova subvención para realizar o proxecto do Obradoiro de Emprego “Redondela Sustentable” dirixido a persoas mozas incluídas no ficheir o do Sistema Nacional de Garantía
Xuvenil.
Este Proxecto, cunha duración de 6 meses, estará integrado por un total de 16 alumnos/as traballadores/as, distribuídos nas especialidades formativas de carpintería e deseño gráfico.
Para poder participar no proceso de selección os interesados/deberanas estar inscritos/as na Oficina de Emprego de Redondela correspondente.