Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela acada os mellores resultados turísticos cun 50% de aumento dos visitantes

Concello de Redondela
09-11-2022
0
Redondela acada os mellores resultados turísticos cun 50% de aumento dos visitantes

As cifras destacan que a Oficina de Turismo atendeu, no período comprendido entre abril e outubro de 2021, a un total de persoas 6.241, fronte ás 3.349 que solicitaron información ao longo de todo o ano 2021. O que supón un incremento exponencial de máis do 50% e que inclúe máis de 1.300 redondeláns rexistrados na oficina de turismo. Redondela recupera, con ritmo, a importancia que en materia turística corresponde ao cuarto concello da provincia de Pontevedra, segundo se desprende dos datos aportados pola Concellería de Turismo que xestiona María Castro. As cifras destacan que a Oficina de Turismo atendeu, no período comprendido entre abril e outubro de 2022, a un total de persoas 6.241, fronte ás 3.349 que solicitaron información ao longo de todo o ano 2021 e as 1003 do 2020.

“A esto hai que sumarlle un total de 1.375 persoas, residentes no Concello de Redondela, que tamén pasaron pola Oficina de Turismo nese semestre. Os veciños e veciñas de Redondela tamén están podendo disfrutar da cultura e o patrimonio da súa vila, algo que para min é primordial”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

Paisaxístico, o programa Redondela Mariñeira, as rutas en Kaiak, as visitas guiadas ao Cemiterio dos Eidos, tiveron unha moi boa acollida pola veciñanza de Redondela e polos diferentes concellos da nosa comarca. Os peregrinos das diferentes Comunidades Autónomas que remataban a súa etapa no noso Concello, tamén acudiron a participar nas visitas guiadas que se fixeron os luns, “ A Vila pola Tardiña”, sumando un total de 180 persoas. Durante esta tempada tamén acudiron a facer visitas pola Vila, o alumnado de primaria e secundaria, con un total de 338 alumnos. Sumando os peregrinos, turistas, visitantes e residentes, a Oficina de Turismo de Redondela atendeu a un total de : 7.613 persoas.

No que ao número de persoas peregrinas fai referencia –en Redondela conflúen o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa– o incremento supera o 50 % do ano pasado con 6.241 visitantes.DEste total de turistas e visitantes, 5.593 corresponden a Peregrinos (90%), sendo 3.442 (62%) de procedencia nacional e 2.151 (38%) de procedencia estranxeira. Dentro dos peregrinos nacionais, destacan os procedentes das Comunidades Autónomas de Andalucía (846), Madrid(752), Galicia (447),Valencia(324), Castela A Mancha(216), Cataluña e Castela e León. Dos peregrinos de procedencia extranxeira, destacan con diferencia os de Portugal con 512 (25%),a continuación Italia con 361 (17%), e moi preto Alemania con 356 (16%), seguidos de Estados Unidos, Reino Unido e Francia, sumando os tres 338 (15%).

Ao longo desta tempada, pasaron pola Oficina de Turismo, un total de 57 paises diferentes dos cinco continentes. A información máis demandada polos peregrinos, turistas e visitantes, foi dos recursos do noso concello e do seu entorno. A gastronomía, lugares de interese como a Illa de San Simón, actividades programadas polo Concello, así coma información das Rías Baixas en xeral. A estes datos “esperanzadores logo dunha época de pandemia na que o sector turístico foi, xunto co comercio e a hostalaría, un dos máis afectados”, afirma a concelleira, engádese o feito da ocupación hostaleira que rondou en Redondela o 100 %. En todo caso, os datos, subliña o Goberno local, fan referencia tan só ás persoas que pasaron pola Oficina de Turismo que “sempre supoñen unha baixa porcentaxe respecto á totalidade de persoas, peregrinas ou turistas, que visitaron Redondela”

A alcaldesa Digna Rivas, destaca a importancia de “reforzar a oferta turística do municipio –tanto histórica como patrimonial, cultural e paisaxística– para aproveita o fluxo de persoas peregrinas, pero tamén para ofrecer os veciños e veciñas a programación e oferta que merecen”.