Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

REencontros

Concellaría de Cultura. Concello de Redondela
16-08-2021
0
REencontros

A Concellería de Cultura promove un RE-encontro especial: despois de case dous anos poderemos gozar novamente dun concerto da Rondalla de Redondela.

Como era tradición antes da chegada do covid-19, a programación cultural de verán pecharase co concerto da Rondalla de Redondela. Despois de case dous anos, e moitas ganas de volver reunirse, a Rondalla de Redondela recuperará os seus grandes éxitos aos que engadirá novas cancións.

Desta vez preséntanse varias novidades: por unha banda, a localización. A chaira da Ribeira, campo da Feira, será o escenario onde poder gozar do grupo redondelán.

Este espazo faise máis seguro á hora de organizar o evento respectando as medidas de precaución ditadas para evitar o covid-19. Por esta mesma razón, e para realizar un control de aforo, aínda que a entrada será gratuíta será obrigatorio recollela previamente no Multiusos da Xunqueira en Redondela.

Por outra banda, desta vez a Rondalla de Redondela non vén soa: a Banda de Música de Redondela abrirá o concerto compartindo espazo e melodías coa Rondalla. Será un emotivo e único momento que servirá de homenaxe sentida a Suso, o director da banda de música. A continuación, a Rondalla continuará o concerto en solitario.

O concerto será o vindeiro domingo 29 de Agosto ás 20:00 horas do atardecer, na chaira da Ribeira en Redondela.