Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Rematadas as obras de acondicionamento e mellora dos camiños de Subido e Galo, en Chapela, e Castañal en Cesantes

Concello de Redondela
14-03-2022
0
 Rematadas as obras de acondicionamento e mellora dos camiños de Subido e Galo, en Chapela, e Castañal en Cesantes

Dentro dese mesmo proxecto xa se remataran con anterioridade as obras dos camiños de Petadas, en Cesantes e Eido do Bras en Cedeira

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Redondela que xestiona Vicente Lamas, deu por finalizados os traballos de acondicionamento, mellora no drenaxe e pavimentación que se desenvolvían nos camiños de Subido e Galo (Chapela) e Castañal (Cesantes). Ao abeiro deste mesmo proxecto, que contou cun investimento de 74 512,86 €, xa se remataran os traballos nos camiños de Eido do Bras (Cedeira) e Petadas (Cesantes).

Nestas tres últimas obras rematadas, e como xa é preceptivo neste tipo de actuacións, desenvolvéronse primeiro as obras de limpeza de cunetas e noiros e varrido do firme para realizar, posteriormente, o rego de adherencia.

No Camiño do Subido, o tramo asfaltado foi de 869 metros cadrados, treito no que amais intaláronse un total de 18 tapas de rexistro e 3 sumidoiros coas correspondentes conexións de cara a mellorar e modernizar a rede de saneamento.

No Camiño do Galo, a superficie a asfaltar foi de 1997 metros cadrados, dotándose á mesma de 32 tapas de rexistro e no Camiño de Eido do Bras, a superficie a asfaltar foi de 153 metros cadrados con dúas tapas de rexistro.

Os traballos realizados buscaban a mellora, non só da accesibilidade ás vivendas situadas na contorna, senón da seguridade tanto da circulación rodada como peonil.