Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello remata a mellora dos camiños do Galleiro e A Pelourenza na parroquia do Viso

Concello de Redondela
10-08-2021
0
O Concello remata a mellora dos camiños do Galleiro e A Pelourenza na parroquia do Viso

As obras contaron cun investimento de 23,441,72 € e permitiron dotar aos viais dunha nova capa de rodadura que substituíra a anterior, moi deteriorada. O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras que dirixe Vicente Lamas, deu por rematados os traballos de mellora de firme e xestión de augas pluviais nos camiños do Galleiro e A Pelourenza, na parroquia do Vigo. Os traballos, realizados ao abeiro do Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, contaron cun investimento de 23.441,72 euros (IVE incluído).

Ámbolos dous camiños, moi utilizados pola veciñanza –tanto nos seus desprazamentos en conche como a pe– contaban cunha superficie de rodadura en aglomerado e formigón moi deteriorada, o que supuña un evidente risco para a seguridade das e dos usuarios.

No camiño do Galleiro os traballos realizáronse nun treito de algo máis de 165 metros cunha anchura media de 5,69 metros, mentres que no camiño da Pelourenza o tramo mellorado foi de 75,20 metros cunha anchura media de 3,71 metros.

Para a mellora do firme foi precisa a demolición de recrecidos en formigón para poder nivelar a superficie sobre a que, posteriormente, estendeuse e compactouse unha capa de rodadura de 6 centímetros de espesor con mestura bituminosa en quente.

Tal e como figuraba no proxecto, as obras incluíron tamén a xestión das augas pluviais co entubado das mesmas e dotando as zonas das correspondentes arquetas de rexistros.

As actuacións forman parte das labores de mellora e adecuación da rede viaria municipal de cara a facilitar a mobilidade da veciñanza e garantindo as condicións de seguridade tanto para vehículos e peóns.