Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Goberno local ultima a posta en marcha das remodeladas instalacións de Servizos Sociais de Chapela

Concello de Redondela
07-03-2022
0
O Goberno local ultima a posta en marcha das remodeladas instalacións de Servizos Sociais de Chapela

Accesibilidade, funcionalidade e privacidade das persoas usuarias definen as novas dependencias que, en breve, entrarán en funcionamento.

O Concello de Redondela vén de rematar as obras de remodelación das dependencias de Servizos Sociais en Chapela para convertelas “nunhas instalacións accesibles, funcionais e co grado de privacidade das persoas usuarias, imprescindible neste tipo de servizo”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas que, xunto coa concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, visitou as novas instalacións.

Os traballos realizados, que contaron cun investimento de 175.329,00 euros (IVE incluído) con cargo aos fondos EDUSI Redondela 2020, incluíron tamén a adaptación e mellora enerxética das instalacións, actuación que está presente en todos os traballos que realiza o Goberno local en instalacións municipais de cara a reducir o custe do consumo eléctrico e o nivel de emisións de CO2.

Digna Rivas salientou a importancia dos traballos realizados “que permitirán que tanto persoas usuarias como persoal municipal, poidan contar cunhas instalacións axeitadas, modernas, funcionais e deseñadas específicamente para este cometido función”.

Mentres as novas instalacións non entren en funcionamento, o farán en breve espazo de tempo, as persoas usuarias seguirán sendo atendidas nas oficinas provisorias que o Concello habilitou no Multiúsos do Piñeiral do Crego onde, para garantir a privacidade das persoas usuarias, habilitouse unha entrada independente e directa aos Servizos Sociais.