Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela inviste 80.000 euros na renovación das pistas de padel e tenis

Concello de Redondela
01-02-2023
0
Redondela inviste 80.000 euros na renovación das pistas de padel e tenis

O Concello de Redondela investirá 80.000 euros na renovación das pistas de tenis e padel das instalacións deportivas localizadas na Estrada Campo de Fútbol. Os orzamentos entran dentro da Liña 1 do Plan Concellos 2023. O Concello de Redondela, a través da Concellería de Deportes que dirixe Nacho González, vén de anunciar a renovación das 4 pistas de padel e as 3 pistas de tenis localizadas nas instalacións deportivas da Estrada Campo de Fútbol. Este proxecto entra dentro da Liña 1 d Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra e a licitación da obra comezará en canto a Diputación aprobe os orzamentos.

Segundo a alcaldesa, Digna Rivas, “esta é unha zona deportiva e de ocio moi importante para a Vila que leva case 10 anos sen unha mellora, ou renovación das pistas desgastadas polo uso e o paso do tempo. É unha prioridade deste goberno ofrecer unha experiencia óptima de lecer e deporte tanto para aquela veciñanza interesada no uso amateur como para os nosos deportistas profesionais”.

O proxecto conta cun orzamento de 80.000 euros dentro do Plan Concellos 2023 da Diputación de Pontevedra. Concretamente investiranse 47.000 euros na a renovación do pavimento das 3 pistas de tenis e 38.000 para as 4 pistas de padel.

PISTAS DE TENIS

A actuación no pavimento das 3 pistas de tenis consiste na limpeza do mesmo e lixado da superficie existente por medios mecánicos e a continuación a aplicación dun sistema mediante capas de resinas acrílicas do tipo sistema tennislife.

A marcaxe levarase a cabo reformulando as diferentes liñas regulamentarias de xogo especialmente estudada para a sinalización de pavimentos de todo tipo, con dimensións e xeometría segundo normas da Federación Española de Tenis. Deberá quedar garantida a seguridade de utilización por agarre do calzado deportivo, evitando esvaramentos excesivos ou caídas, sendo para uso exclusivamente deportivo e aplicando a norma de instalacións deportivas.

PISTAS DE PADEL

Trátase de catro pista de pádel, as cales están definidas principalmente polas superficies sobre as que se desenvolve o xogo. Neste caso actualmente existe unha moqueta de céspede sintético que se pertende renovar, para o que será necesaria a súa retirada, que levarase a cabo mediante medios manuais. Por último, sobre o pavimento existente, estenderase o céspede sintético. O pavimento elixido corresponde a céspede sintético homologado pola Federación Española de Pádel, tanto para uso amateur como para uso profesional.

“Este goberno cumple coas necesidades dos usuarios e usuarias das pistas de padel e tenis, unha das zonas máis utilizadas do municipio. O mantemento das nosas instalacións deportivas son unha prioridade, por ese motivo entran dentro da Línea 1 do Plan Concellos 2023 e a licitación da obra farase na maior brevidade posible ”, conclúe Rivas.