Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Renovación dos postos da feira para o ano 2024

Concello de Redondela
07-11-2023
0
Renovación dos postos da feira para o ano 2024

Os modelos de solicitudes estarán publicados na sede electrónica do Concello para as persoas xurídicas, e para as persoas físicas que opten por presentala electronicamente, a partir do 1 de decembro de 2023.A solicitude deberá vir acompañada dos seguintes documentos xustificativos:

1.- Fotocopia do CIF/DNI/NIE ou outra documentación válida acreditativa da identidade.
2.- Xustificante de alta no epígrafe do imposto de actividades económicas (IAE).
3.- Certificado de estar ao corrente no pagamento das cotas do IAE, de ser o caso.
4.- Xustificante de alta na Seguridade Social
5.- Certificado de estar ao corrente nas cotas á Seguridade Social, Hacienda (AEAT) e Facenda autonómica (ATRIGA).
6. Xustificante de pagamento do último recibo de autónomos, se é o caso.
7.- Copia da póliza dun seguro de responsabilidade civil para responder dos posibles danos causados polo exercicio da súa actividade e xustificante de pagamento anual.
8. Unha fotografía tamaño carné en cor actualizada.

No caso de persoas xurídicas deberán:
- acreditar o poder outorgado á persoa que asina a solicitude de renovación en representación da empresa
- presentar a designación da/s persoa/s física/s que vaia/n exercer a actividade (indicarase nome e apelidos, domicilio para efectos de notificación, NIF e, se é o caso, presentaranse os RNT (TC2) das persoas asalariadas designadas e unha fotografía tamaño carné en cor actualizada).

No caso de postos de venda de produtos alimentarios, ademais será necesaria a presentación do carné de manipulador de alimentos da/s persoa/s que vai/n exercer a actividade,

No caso de uso/instalación de maquinaria, deberase presentar

― certificado técnico acreditativo do correcto funcionamento da maquinaria e instalacións que se pretenda usar
― seguro que garanta a cobertura de calquera clase de risco e o xustificante do seu pagamento.
― certificado de instalación eléctrico (boletín eléctrico) e de gas, se é o caso, e certificado de extintores.

Recórdaselle que pode solicitar o fraccionamento do pagamento da taxa para postos na feira a partir do 1 de decembro na oficina de Xestión Tributaria: o pago sería trimestral nos meses de marzo, xuño, setembro e decembro.

No caso de que xa teña fraccionado o pagamento da taxa en anos anteriores, non é necesario que o solicite de novo.