Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Servizos das bibliotecas Municipais de Redondela

30-06-2020
0
Servizos das bibliotecas Municipais de Redondela

O luns 29 de xuño, as Bibliotecas Municipais de Redondela restablecen todos os servizos, mantendo as medidas de seguridade, hixiene, distancia de seguridade e limitación do aforo esixidos.

Os documentos da colección estarán, de novo, en libre acceso para todos os usuarios aínda que antes de manipular cada material deberanse desinfectar as mans.
Elimínase a corentena, non se aplicará ningunha medida de depósito temporal de ningún documento.

Durante a lectura da prensa manterase posta a máscara en todo momento, menos as excepcións establecidas polas autoridades sanitarias. O persoal das bibliotecas facilitará dedís para unha mellor hixiene no momento da lectura.

Ábrese a sala infantil das bibliotecas coas limitacións de aforo establecidas polas autoridades sanitarias e con libre acceso aos documentos.

Nas salas de consulta, estudo e nos equipos de acceso a internet os postos están numerados. Ao entrar na sala, solicítase número ao persoal que asignará un posto ao solicitante. Ao saír e tras a devolución do número, o posto queda baleiro pendente da súa hixienización.

Ao restablecerse o acceso ao fondo por parte dos usuarios, dáse por finalizada a campaña “Bolsa Sorpresa”, cun préstamo de 115 bolsas, que tratou de mitigar a limitación de acceso ao mesmo.

HORARIO DAS BIBLIOTECAS


De luns a venres de 9:00 a 14:00 h.
Sala de Estudo de 8:30 a 14:00 h.

Máis información:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/06/apertura-de-todos-os-servizos-nas.html