Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

O Concello volve a instalar no Alvedosa a barreira para a recollida de plásticos

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Redondela
27-01-2020
0
O Concello volve a instalar no Alvedosa a barreira para a recollida de plásticos

 
“Volvemos colocala porque estaba demostrando eficacia na recollida de plásticos” comenta o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar

“Reforzouse a estrutura e mesmo estase estudando un sistema mecanizado de retirada en caso de novas riadas para evitar que volvan romper”

O CONCELLO VOLVE INSTALAR NO ALVEDOSA A BARREIRA PARA RECOLLIDA DE PLÁSTICOS QUE QUEDARA ESNAQUIZADA NAS RIADAS DE DECEMBRO

 

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela volveu instalar a barreira para recoller plásticos no último tramo do Río Alvedosa, ao seu paso pola vila dos viadutos. Esta barreira foi esnaquizada pola forte corrente de auga do río que se rexistrou no pasado mes de decembro a consecuencia das fortes chuvias acumuladas nesas xornadas.

Barreira colocada río Alvedosa

Nova instalación e futuro sistema de retirada

A barreira volveuse instalar no mesmo lugar porque “ata que foi esnaquizada polo temporal estaba traballando moi ben. Cada semana retirábanse das barreiras unha boa cantidade de plásticos e doutros refugallos. Deste xeito conseguíamos que non chegaran ao mar e os retirábamos para tratar eses residuos axeitadamente. Confiamos en que agora mesmo funcionen mellor” Comenta o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar.

“A nova instalación fíxose nos mesmos lugares pero reforzando a súa estrutura, como se pode comprobar a simple vista. De tódolos xeitos, estamos a estudar un sistema mecanizado para poder retiralas rápida e facilmente en caso de futuras riadas podendo evitar así novas roturas”, engade Villar.

Redondela, a 27 de xaneiro de 2020

Barreira colocada no río Alvedosa