Novas

Usamos cookies co obxectivo de mellorar a experiencia das persoas que nos visitan. Entra na páxina de Política de privacidade para coñecer máis detalles.

Redondela mantense firme ante a restrición do tráfico pesado en tránsito no casco urbano, competencia municipal

Concello de Redondela
20-10-2022
0
Redondela mantense firme ante a restrición do tráfico pesado en tránsito no casco urbano, competencia municipal

Con motivo da humanización da Praza de Ponteareas na entrada da Vila de Redondela, o Concello de Redondela restrinxiu o tráfico pesado en tránsito polo casco urbano entre a Praza de Ponteareas, Rúa Pai Crespo, Rúa José Regojo e Rúa Xoán Manuel Pereira. “Colocamos PANEIS INFORMATIVOS con intención de avisar aos vehículos de carga pesada que ao chegar a Redondela non poderán circular polo centro. Isto o entendemos como unha forma de colaborar para o bo funcionamento do tráfico”. A alcaldesa de Redondela reitera que “os paneis informativos non prohiben en ningún momento a circulación pola estrada P0-250. A sinais son informativas, é unha forma de avisar de que a prohibición entra en vigor ao chegar as zonas de competencia do Municipio, concretamente o Casco Urbano”.

Os documentos pertinentes foron mandados á Xunta de Galicia quen segue sen presentar resposta. “Tanto a Xunta como o Alcalde de Pazos, Andrés Iglesias, non tiveron intención de reunirse co noso goberno a pesar das multiples insitencias pola nosa parte. O silencio por resposta é o que recibimos sempre por parte da Xunta”, declara Rivas.

Dende o Concello queren deixar claro que “as declaracións recibidas onte por parte da Xunta e o Alcade de Pazos son falsas, sendo tamén falso o titular en prensa. Os camións seguen podendo circular pola PO-250, unha estrada na que non temos competencias. Non vamos a consentir as mentiras que a xunta e o alcalde de Pazos botan sobre o noso goberno”.

Digna Rivas engade que, “a retirada destas sinais provocarían desinformación aos camións. Pedimos responsabilidade á Xunta dos altercados que poidan suceder entorno a nova situación do tráfico en Redondela”.

“Consideramos que a intención das declaracións de Andrés Iglesias teñen a intención de crear unha disputa totalmente innecesaria, xa que son contradictorias. Repetimos que en ningún momento imos permitir o tráfico pesado en tránsito no centro”, conclúe Rivas.